Dende 10 de marzo, 2023 - Ata 10 de marzo, 2023
Evento para desenvolver ideas de negocio e emprendemento arredor do proxecto da Canle de Augas Bravas de Dumbría.
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial
Dumbría ofrece un emprazamento ideal para a construción dunha canle de augas bravas debido ás características do río Xallas ao seu paso por este concello. A posta en marcha deste proxecto xeraría, ao igual que pasou noutros casos, diferentes oportunidades de emprendemento e ideas de negocio ao redor do mesmo. Para contribuír a este desenvolvemento analizarase a situación actual e elaboraranse posibles propostas de futuro.
O obxectivo xeral a acadar neste evento é o de fomentar o emprendemento a partir da potencialidade do proxecto da Canle de Augas Bravas de Dumbría. Para iso, explicarase ás persoas asistentes os antecedentes e estado actual do proxecto, o caso de éxito dun proxecto similar: A Canle de Augas Bravas do Parc Olímpic del Segre, en La Seu D’Urgell e acabarase desenvolvendo propostas de emprendemento e ideas de negocio arredor do mesmo.
PROGRAMA
09:15. - Recepción dos/as asistentes
09:30. - Benvida
09:40. - Antecedentes e estado actual do proxecto.
Xosé Henrique Rodríguez Portela. Entrenador do CDM de Piragüismo de Dumbría e entrenador nacional de Piragüismo en augas tranquilas e slalom.
10:00. – Caso de éxito.
Xosé Manuel Cousillas. Membro activo do Cadí Canoë Kayak Club e do Comité Executivo da ICF Canoe Slalom World Cup 2021. Exposición sobre a Canle de Augas Bravas de La Seu d'Urgell, como un caso de éxito que exemplifica as oportunidades de Emprendemento nun contexto similar.
10:45. – Visita á localización do proxecto.
11:30. – Coffebreak.
11:45. – Workshop – Espazo de diálogo e debate en grupos.
13:30. – Conclusións.
13:45. – Clausura institucional. Gonzalo Trenor López. Delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña
Lugar: Casa de Cultura e Biblioteca Municipal de Olveira Olveira s/n, 15151 Dumbría, A Coruña: https://goo.gl/maps/uCtpaPcwV7PAkjFk6
ColaboradoresConcello de Dumbría e Club Deportivo Municipal de piragüismo de Dumbría.