Potenciando o emprendemento aproveitando os recursos locais: a remuda xeracional na IXP do Pan de Cea

Dende 13 de marzo, 2024 - Ata 13 de marzo, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño organiza un foro de intercambio aberto entre as persoas representantes desta marca e o alumnado de FP que se estea especializando neste oficio

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

Con este evento preténdese abordar as dificultades da marca Pan de Cea para atopar relevo para os seus artesáns. A través de diversas actividades poñeranse en valor as oportunidades de remuda que hai neste sector, conectarase aos actuais artesáns coa nova xeración de panadeiros.

 

O programa será o seguinte:  

10:00-10:15 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

10:15-10:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño incidindo na bolsa de remuda de negocios.  

10:30-11:00 h. Mesa coloquio: a marca do Pan de Cea como activador da dinamización territorial rural.  

 

Participantes:  

  • Carlos Rodríguez, presidente da IXP Pan de Cea. 

  • Manuel Garea, docente do CIFP Vilamarín. 

  • Sofía Gody, Aboamigalla. 

Quenda de preguntas. 

 

11:00-11:40 h. Actividade de co-creación: espazo onde as persoas participantes e o alumnado poderán traballar conxuntamente e debater sobre distintas accións relacionadas coa marca. 

11:40-12:00 h Exposición das conclusións de cada mesa de traballo e peche da xornada. 

12:00 h Visita ao forno tradicional Aboamigalla e degustación. 

 

O foro terá lugar o 13 de marzo, no Forno tradicional San Cristovo de Cea, Nave Aboamigalla (Polígono municipal de San Cristovo de Cea). 

 

Anímate e participa! 


Presencial

Voltar