Impulso ás sinerxias entre o sector turístico e agroalimentario na Despensa de Ancares Terras de Burón. Segunda xornada.

Dende 15 de xuño, 2023 - Ata 15 de xuño, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Montaña Lucense, en colaboración co GDR3 Montes e Vales Orientais, organiza unha xornada en A Fonsagrada na que se propoñerá a negocios turísticos de aloxamento, na zona de Ancares Terras de Burón, que non ofrecen servizo de comida, unha solución: "A despensa de Ancares Terras de Burón". Un espazo nos seus establecementos no que ofrecer comidas cociñadas e envasadas por axentes con forte implantación no territorio, ademáis doutros produtos da zona. Preténdese con esta iniciativa impulsar sinerxias entre o sector turístico e agroalimentario en Ancares Terras de Burón para, xuntos, dar solución a dúas das problemáticas detectadas previamente con eles.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

Dinámica organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Montaña Lucense de forma conxunta co GDR 3 Montes e Vales Orientais, a realizar en A Fonsagrada, na que se poñerá en contacto ao sector productor de alimentos e o sector turístico (aloxamentos) da zona Ancares Terras de Burón para, xuntos, dar solución a dúas das problemáticas detectadas en reunións previas: a manutención dos hóspedes e a venda da produción agroalimentaria.

  • Presentarase aos responsables de negocios de hospedaxe a oferta gastronómica de alimentos cociñados dun axente con forte implantación no territorio: a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (ASGAFON); ademáis doutros produtos agroalimentarios da zona. Farase incluindo unha demostración da súa preparación e unha degustación dos produtos.
  • Propoñerase aos responsables dos negocios de hospedaxe (casas de turismo rural, albergues e outros) que actualmente non ofrecen servizo de comida, e teñen o problema de non existir preto dos seus negocios un local de restauración para os seus hóspedes, unha solución: que poñan en marcha nos seus establecementos “A despensa de Ancares Terras de Burón”, un espazo que ofreza os produtos que lles presentamos, acondicionado para que os hóspedes podan comelos no mesmo establecemento no que se aloxan.
  • Estableceranse contactos cos negocios interesados na iniciativa para comezar un traballo de apoio, dende o Polo de Emprendemento, no reto de incorporar estes produtos na súa oferta turística.

PROGRAMA:

19.00 h.: Benvida.

19.05 h.: Presentación da iniciativa conxunta do GDR Montes e Vales Orientais e o Polo de emprendemento Montaña Lucense “A despensa de Ancares Terras de Burón” e o alcance pretendido. Presentación da Rede de Polos de emprendemento e o papel que vai xogar nesta iniciativa.

19.30 h.: Presentación do proxecto “Cociña de Aldea” iniciado polo Grupo Operativo Gayas, a cargo do representante de ASGAFON. Presentación dos produtos que elabora a súa entidade e doutros produtos da zona susceptibles de ser ofrecidos nos establecementos turísticos.

19.45 h.: Remate da xornada e Networking con degustación: “A despensa de Ancares Terras de Burón”. Dinámica conducida por Javier Otero (Iniciativa SL), asesor de turismo en Ancares Terras de Burón. Establecemento de contactos para comezar a traballar na forma de integrar estes produtos e comidas elaboradas na oferta dos establecementos turísticos, ao mesmo tempo que se ofrece unha degustación dos produtos previamente presentados.

Lugar de celebración:

Tenda de ASGAFON. Avenida de Galicia nº 22 - A Fonsagrada.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR3 Montes e Vales Orientais

Voltar