Potenciando alianzas e oportunidades en Ferrolterra

Dende 14 de maio, 2024 - Ata 14 de maio, 2024

Categorías: Outra

A semana que vén tes un planazo con AJE Ferrolterra! O martes 14 de maio faremos un networking ao mediodía onde poderás coñecer a outras persoas emprendedoras e empresarias.

 


Comezaremos ás 13:00 h na Casa das Palmeiras en Neda cunha dinámica de mesas redondas, na que terás a oportunidade de falar en grupos reducidos, por turnos, con todas as persoas asistentes ao evento, xa que irás rotando de mesa en mesa. Despois disto, haberá unha comida-cóctel para que poidas seguir charlando de maneira máis distendida co resto de persoas emprendedoras.

 

A actividade é totalmente gratuíta e para asistir simplemente tes que inscribirte antes do próximo luns.

 

Non o penses máis e únete a nós neste eventazo!


Outra

Voltar