Poñendo en valor o carácter pioneiro de Valdeorras

Dende 15 de maio, 2025 - Ata 15 de maio, 2025

O Polo de O Barco organiza este obradoiro para perpetuar e fortalecer o carácter pioneiro nas novas xeracións a través da voz da Matria

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

📅 Xoves, 15 de maio | 17:00 – 19:30 h

📍 Adega Val de Covas, Vilela (A Rúa)

 

A comarca de Valdeorras ten alma emprendedora, historia viva e unha forza colectiva que medra desde a raíz. Por iso, o Polo de o Barco, en colaboración con Matria e a Adega Val de Covas, organiza unha actividade única para recoñecer o papel fundamental das mulleres no rural, poñendo o foco no seu carácter pioneiro e na súa capacidade para transformar o territorio.

 

A través do proxecto Matria. Cheas de Vida, finalista dos Premios de Desenvolvemento Rural (AGADER), esta actividade busca escoitar e amplificar as voces das mulleres que constrúen futuro desde o rural, conectando xeracións e sementando identidade. Conducido por Laura Fernández, cofundadora de Matria, e a súa nai Elvira, este obradoiro está pensado para nais acompañadas das súas fillas e fillos, nun espazo de encontro, identidade e inspiración.

 

Programa:

17:00h Recepción de asistentes
17:15h Desenvolvemento da actividade
- Visita guiada á Cova
- Presentación de Cheas de Vida, un podcast para escoitar a voz da Matria
- Os participantes escoitarán un breve episodio do Podcast
- Os participantes escribirán as súas reflexións sobre a historia escoitada e compartiranas entre o resto de participantes
19:15h Peche da actividade cun concerto de pandereteiras
19:30h Petiscos e networking

 

Inscríbete e participa nunha actividade que conxuga economía circular, crecemento persoal, tecnoloxía e turismo familiar, cunha clara vocación transformadora! 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresMatria e Adega Valdecovas

Voltar