Como aproveitar o networking para o teu emprendemento.

Dende 26 de xuño, 2025 - Ata 26 de xuño, 2025

Taller enfocado no networking práctico e efectivo. Xornada de networking dirixida a persoas emprendedoras usuarias do Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa , coa finalidade de fomentar a conexión entre elas nun ambiente dinámico e distendido. O obxectivo é compartir ideas, crear contactos valiosos e identificar oportunidades de colaboración que contribúan ao éxito dos seus proxectos.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 26 de xuño | 10:30 - 13:00 h
📍 Pazo Vista Real, sede do polo Vilanova de Arousa

 

 

O networking é unha das bases do emprendemento, pero pode ser complexo dar coa tecla para entablar relacións con outras persoas emprendedoras. O Polo Vilanova de Arousa trae este obradoiro para fomentar a conexión entre profesionais nun ambiente dinámico e distendido. 

 

A xornada enfócase no networking práctico e efectivo a través de dúas dinámicas. A primeira delas consistirá na presentación das compañeiras e compañeiros emprendedores para establecer os teus primeiros contactos. 

 

A segunda dinámica baséase na metodoloxía SCENES by SAP, que é lúdica e visual á vez que reflexiva para levar a casa un plan de acción a curto prazo. 

 

 

Programa: 

10:30 h - Recepción de asistentes, benvida e presentación da xornada 
10:45 h - Dinámica rompexeos: “Ponlle cara ao teu veciño emprendedor”. Tan só precisarás tres post-its, un rotulador e algo de ritmo para poñerlle cara aos teus primeiros contactos. 
11:00 h - Desenvolvemento da dinámica principal: SCENES BY SAP. Con esta ferramenta visual e reflexiva, xeraremos varios guións gráficos sobre os nosos proxectos, que nos axudarán a reflexionar sobre eles e crear un pequeno plan de acción. 
12:30 h - Café networking para seguir conectando e intercambiando sinerxías. Aproveitaremos este momento para facer unha dinámica práctica e informal, pero moi efectiva, chamada “Que achego e que necesito?” para levarnos contactos efectivos ao final da xornada. 
12:45 h - Conclusións e peche.

 

Tras esta xornada, crearás sinerxías e alianzas que poden ser o xerme de futuras colaboracións e contribuír ao éxito do teu proxecto.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresPablo Osorio

Voltar