Dende 12 de xuño, 2024 - Ata 12 de xuño, 2024
Unha oportunidade para aprender sobre a importancia de definir unha estratexia empresarial orientadora e clara
Categorías: Outra
O mércores 12 de xuño, AJE Ourense ofrece unha formación gratuíta na que se compartirá coas persoas asistentes unha reflexión sobre a importancia de definir unha estratexia empresarial orientadora e clara que axude a que as nosas empresas sexan máis competitivas, pero sabendo que o concepto de estratexia cambiou moito nos últimos anos.
A formación será impartida por Gerardo Estévez, socio director do Grupo Elija (Elige Plus, Elige Intelligence e Eli Training), consultor empresarial desde 2006. Á súa experiencia engádeselle que foi directivo dunha empresa galega de alimentación e bens de equipo durante 18 anos, ata 2006; profesor de escola de negocios, conferenciante e profesor universitario desde 1990. Conta, polo tanto, cunha ampla experiencia para transmitir as súas reflexións e coñecementos sobre o que poden abarcar as estratexias empresariais.
Esperámoste ás 16:30h na Sede Ceo (Praza das Damas, 1, Ourense).
Non perdas a oportunidade de aprender a que a túa empresa sexa máis competitiva!