Participación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Coristanco na VII edición da feira "Horta da Laracha"

Dende 03 de agosto, 2024 - Ata 03 de agosto, 2024

O próximo sábado, 3 de agosto, o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Coristanco, participará na 7ª edición da feira "Horta da Laracha"

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

A Laracha é un municipio de referencia en Galicia e España na produción hortícola, con  explotacións agrarias de alto nivel das que saen os produtos variados e de alta calidade.

Nos últimos anos, desde o Concello, celébrase cada verán este evento, que se marca como propósitos prioritarios poñer en valor tanto o labor dos profesionais do sector como o dos propios produtos

 Una feira con marcado carácter de festival para reivindicar a horta como elemento de dinamización da economÌa local e como patrimonio cultural para desfrutar da gastronomÌa, da música, da artesanÌa. E consolidarse como un dos principais reclamos turÌsticos do territorio. Unha horta como a base dunha alimentaciÛn saudable e de proximidade, do coidado e preservación do medio natural e rural da Costa da Morte.

O Polo de Emprendemento Coristanco estará presente e participará cun stand o día 3 en horario de 11 a 14 horas para poder presentar a súa labor no asesoramento ao emprendemento e o apoio ao emprego ás persoas participantes.

O evento prolongarase durante toda a fin de semana, os días 3 e 4 de agosto, no campo da feira de Paiosaco.


Programa

Voltar