Dende 29 de setembro, 2023 - Ata 30 de setembro, 2023
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego participa no Pont-Up Store 2023 de Pontevedra cun stand e varias actividades para persoas emprendedoras.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego terá presenza no Pont-Up Store 2023 no stand da Xunta de Galicia.
No marco deste evento de emprendemento multisectorial, a Rede participa coas seguintes actividades.
O Xogo de emprender:
Facilita: Manuel Dafonte
Contidos: Un xogo interactivo por equipos de dúas horas de duración orientadas a dar a coñecer dun modo moi rápido e directo aqueles conceptos básicos para entender que é o emprendemento.
Asistencia presencial ata un máximo de 24 participantes, mínimo 4.
REQUIRE INSCRICIÓN: https://forms.gle/B762FBqNnBGk4ooG6
Lugar: Aula do 1º andar do Teatro Principal de Pontevedra, entrada por Rúa don Filiberto 9-11
Venres 29 de 17:00 a 19:00 h
Mesa redonda sobre emprendemento en Economía social e innovación
Organiza: Xunta de Galicia. Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e IGAPE
Presenta e modera: Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Contidos: Presentación dos proxectos emprendedores cunha breve descrición de cada un deles para dar paso a una mesa na que se debaterán as razóns para escoller una fórmula de economía social e as vantaxes de innovar no emprendemento.
Participa:
Barvantia – Silvia Martínez Quiroga – Xestión de caravanas para o Camiño de Santiago
Trasdeza Natur- Rosendo Luis Estévez Parada - Produtos ecolóxicos deshidratados empleando enerxía renovable
Sembra Biojoyas – Silvia Rodrígues Alves de Sousa- Deseño e venda de xoiería con biomaterias
Proligal – Xoan Couto – Productores de olivas de Galicia: modernización do sector
Muutech Monitoring Solutions- Fernando Fernández-Valdés, CTO & Technical director. Monitorización nos sectores industrial e telecomunicacións
Miguel Fidalgo, Responsable Oficina Sur IGAPE
Asistencia: presencial ata completar aforo. Non require inscrición
Lugar: Sala de conferencias do segundo andar da Casa das Campás, Rúa Don Filiberto 9-11
Sábado 30 de 13:00 a 14:10 h.
Enlace á web Pont-Up Store 2023: https://pontupstore.com/?lang=es