Dende 06 de outubro, 2023 - Ata 06 de outubro, 2023
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego participa no 12º Salón de educación e formación de Galicia (EDUGAL) con diversas actividades de achegamento e divulgación da cultura emprendedora e un stand de Xunta de Galicia
Categorías: Foro/Encontro aberto
No marco da feira de educación EDUGAL, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego terá presencia no 12º Salón de educación e formación de Galicia, impartindo unha conferencia a cargo de Pablo Fernández López, Secretario xeral de apoio ao emprego, traballo autónomo e economía social.
Así mesmo facilitarase a actividade “Ikigai”, relacionada co emprendemento, cunha doble finalidade:
Desde o stand Xunta de Galicia, informarase as persoas que se acheguen sobre as actividades que se están a desenvolver desde os Polos de emprendemento e apoio ao emprego dentro do territorio galego
Programa:
10:15 a 10:30 h. Conferencia “Como emprender na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego”. Pablo Fernández López. Secretario xeral de apoio ao emprego, traballo autónomo e economía social
10:30 a 11:30 h. Obradoiro “IKIGAI. Os primeiros pasos para emprender”. David Fernández Veloso. Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego (máximo 25 alumnos/as). Require inscrición en stand de Xunta de Galicia
Data: 6 de outubro
Localización: Recinto ferial de Pontevedra. Avda. Alexandre Bóveda s/n