Outonos Cooperativos: O Rodo

Dende 15 de novembro, 2024 - Ata 15 de novembro, 2024

Un encontro inspirador na sede de O Rodo S.Coop. Galega, para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais, visitando a cooperativa

Categorías: Foro/Encontro aberto

 

 

Os ‘OUTONOS COOPERATIVOS’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio.

 

Estes encontros desenvolveranse durante dúas xornadas, en horario de mañá. A primeira delas terá lugar na sede da cooperativa O Rodo e a segunda na de Mercado de Abastos de Santiago

 

O programa será o seguinte:

 

12:00 - 12:30 h. Visita guiada: coñeceremos as instalacións, actividades e historia da cooperativa que acolle esta xornada da man dunha persoa referente da mesma e o apoio da xornalista Xiana Arias.

 

12.30 - 13:30 h. Faladoiro de experiencias cooperativas actuais: conversaremos con catro cooperativas galegas sobre as súas experiencias e aprendizaxes,  Cogal, Abeluria, Educalecrín e O Rodo. Presenta e modera: Xiana Arias.

 

13.30 h. Showcooking con final musical: O recoñecido cociñeiro Diego López, do restaurante La Molinera, amosará a preparación de varios pratos relacionados co outono, con produtos de tempada, de proximidade e de proveedores que son cooperativas, e que se poderán degustar segundo os vai preparando. A continuación comezará unha actuación musical do grupo Abril, formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz).

 

Achégate á sede da cooperativa O Rodo en Rodeiro (Pontevedra) o vernes, 15 de novembro.

 

Inscríbete para poder asistir a esta sesión amena e informativa!


Foro/Encontro aberto

Voltar