Dende 19 de novembro, 2024 - Ata 19 de novembro, 2024
Un encontro inspirador no Mercado de Abastos, para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais, visitando a cooperativa
Categorías: Foro/Encontro aberto
Os ‘OUTONOS COOPERATIVOS’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio.
Estes encontros desenvolveranse durante dúas xornadas, en horario de mañá. A primeira delas terá lugar na sede da cooperativa O Rodo e a segunda na de Mercado de Abastos de Santiago
O programa será o seguinte:
12:00 - 12:30 h. Visita guiada: coñeceremos as instalacións, actividades e historia da cooperativa que acolle esta xornada da man dunha persoa referente da mesma e o apoio da xornalista Xiana Arias.
12.30 - 13:30 h. Faladoiro de experiencias cooperativas actuais: conversaremos con catro cooperativas galegas sobre as súas experiencias e aprendizaxes, Creativas Galegas, Feitoría Verde, Mercado de Abastos de Santiago e Delagro. Presenta e modera: Xiana Arias.
13.30 h. Showcooking con final musical: O recoñecido cociñeiro Diego López, do restaurante La Molinera, amosará a preparación de varios pratos relacionados co outono, con produtos de tempada, de proximidade e de proveedores que son cooperativas, e que se poderán degustar segundo os vai preparando. A continuación comezará unha actuación musical do grupo Abril, formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz).
Achégate ao Mercado de Abastos de Santiago o martes, 19 de novembro!
Inscríbete para poder asistir a esta sesión amena e informativa!