Dende 30 de xuño, 2023 - Ata 30 de xuño, 2023
Nesta actividade coñeceremos a experiencia de emprender en artesanía a través da man de representantes de diversos proxectos: Olería Aparicio, Redeiras de Corme e The Surf Factory. Falaremos de sostibilidade, de relevo xeracional ou de innovación, entre outras curiosidades.
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
A artesanía e os oficios tradicionais ofrecen oportunidades de emprendemento sostibles e ligadas ao territorio. Adoitan utilizar produtos locais, o que os fai máis respectuosos co medio ambiente, ademais de contribuír a manter vivos outros traballos ligados a eles, potenciando o desenvolvemento local. Outro factor co que adoitan contar algúns destes proxectos é a innovación, á que moitas veces recorren para asegurar a sostibilidade económica dos mesmos.
Esta actividade, baixo a denominación de "Venres dos Polos", forma parte dunha iniciativa para fomentar o intercambio de coñecemento e poñer en valor o talento emprendedor de Galicia. Nesta ocasión contaremos con representantes de Olería Aparicio, Redeiras de Corme e The Surf Factory para que falen da súa experiencia no emprendemento a través da artesanía, e nun espazo dedicado a esta como é o Ecomuseo Forno do Forte, en Buño.
Lugar: Ecomuseo Forno do Forte.
Rúa Forno Novo, s/n, 15111 Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Programa:
11:30h- Recepción e benvida
11:45h- Presentación da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
12:00h- Mesa redonda:
- Olería Aparicio
- Redeiras de Corme (Asociación Illa da Estrela)
- The Surf Factory
13:00h- Conclusións
13:10h- Petisco - networking