Os Venres dos Polos: “O Proxecto Turístico Ridicodias: a fiel representación das costumes locais da man dunha proposta de valor diferencial”

Dende 29 de novembro, 2024 - Ata 29 de novembro, 2024

O Polo Verín colabora con Pallozas Ricodias para coñecer máis a fondo o proxecto e inspirar a outras persoas emprendedoras da zona

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

 

“Pallozas Ridicodias” é un dos proxectos máis chamativos e con máis proxección do sur de Ourense, ao ofrecer unha proposta de valor diferencial non só na comarca, senón tamén a nivel galego. É por iso que o Polo de Verín organiza unha actividade na que as persoas emprendedoras da zona poderán escoitar unha charla de Lorena Collazos e María García, as súas socias fundadoras.

 

Nesta sesión as persoas asistentes coñécerán a fondo a historia deste proxecto dende os seus orixes. Ademais, Lorena e María darán algúns consellos para emprender con éxito, baseados na súa experiencia persoal.

 

O programa será o seguinte:

 

10:30 - 10:45 h. Recepción de asistentes

10:45 - 10:50 h.  Recibimento e presentación das CEOs do proxecto “Pallozas Ridicodias”: Lorena Collazos e María García

10:50 - 11:20 h.  Presentación da actividade e do proxecto

11:20 - 11:45 h. Problemáticas do proxecto dende ás súas orixes

11:45 - 12: 45 h.   A metodoloxía empresarial de “Pallozas Ridicodias”: Consellos para persoas emprendedoras

12:15 - 12:30 h. Debate, rogos e preguntas do público ás protagonistas

12:30  h.  Aperitivo e coworking

 

A sesión terá lugar na Sede do Polo Verín (Estrada do Polígono Industrial nº99, Pazos, Verín) o venres, 29 de novembro.

 

Non perdas esta oportunidade!


Presencial

Voltar