Dende 24 de novembro, 2023 - Ata 24 de novembro, 2023
Evento no que presentaremos a inspiradora historia de Pazo de Vilane e, coa súa fundadora, coñeceremos e poderemos falar de aposta polo emprendemento rural, de valores e compromiso ou de xestión do cambio e como afrontar dificultades.
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol organiza esta actividade baixo a denominación "Os venres dos Polos", co obxectivo de favorecer o contacto e intercambio de opinións ou experiencias entre persoas emprendedoras baixo o paraugas do Pazo de Vilane e a súa historia, relatada por Nuria Varela-Portas, fundadora de Pazo de Vilane.
A historia de Pazo de Vilane supón un exemplo de compromiso co eido rural e de xestión do cambio e superación de dificultades mantendo a fidelidade aos valores dos seus fundadores.
Pretendemos que a historia de Pazo de Vilane sexa inspiradora para as persoas emprendedoras do noso territorio e que sirva tamén como punto de partida para un ameno, ao tempo que produtivo, intercambio de opinións e experiencias entre as persoas participantes.
A xornada incluirá unha visita ás instalacións do Pazo de Vilane.
PROGRAMA DA XORNADA:
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Pazo de Vilane. Camiño de Vilane 31, 27570 Antas de Ulla, Lugo.