Dende 16 de xuño, 2023 - Ata 16 de xuño, 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo.
O obxectivo pasa por visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio ao tempo que se dan a coñecer as funcións dos polos de emprendemento e apoio ao emprego e se favorece a creación de redes de colaboración e negocio.
Venres 16 de xuño. HORSAL + FACTORÍA ARTELIER. Organiza: Polo Pontevedra Norte e Rías Baixas
Horario: De 16 a 18 horas.
Lugar: na Cooperativa Horsal. Vilariño (Pontevedra)