Os venres cooperativos

Dende 23 de xuño, 2023 - Ata 23 de xuño, 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo.

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo.  

O obxectivo pasa por visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio ao tempo que se dan a coñecer as funcións dos polos de emprendemento e apoio ao emprego e se favorece a creación de redes de colaboración e negocio. 

Venres 23 de xuño. AIRA + MILHULLOA. Organiza: Polo Lugo Sur 

Horario: De 12 a 14 horas. 

Lugar: na Cooperativa Aira. Taboada (Lugo) 


Presencial

Voltar