Dende 20 de xuño, 2024 - Ata 20 de xuño, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza unha actividade formativa participativa para potenciar as habilidades comunicativas das persoas emprendedoras
Categorías: Formación
Se queres aprender a sintetizar o teu discurso e poder expoñer o teu proxecto de emprendemento da forma máis clara posible, o Polo de emprendemento de Melide realiza unha actividade formativa que che axudará a mellorar as túas habilidades comunicativas. A través deste obradoiro recoñecerás diferentes técnicas de persuasión e aprenderás a dominar a linguaxe verbal e non verbal.
O programa será o seguinte:
10:00-10:10 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
10:10-10:15 h. Presentación do evento.
10:15-11:15 h. Espazo de coñecemento: Mar Castro, doutora en comunicación, experta e asesora internacional en comunicación executiva e marca persoal e pioneira na investigación e difusión da oratoria dixital e a NETetiqueta presentará contidos como a escoita con empatía, as barreiras á comunicación, o poder da palabra e o xesto, comunicarse a través dunha pantalla e o elevator pitch.
11:15-11:45 h. Espazo de networking e pausa para o café.
11:45-13:00 h. Obradoiro de traballo: as persoas beneficiarias participarán en diferentes dinámicas de traballo poñendo en práctica as técnicas e coñecementos achegados pola instrutora.
13:00 h. Peche da xornada.
A actividade terá lugar o 20 de xuño, na Hospedería Seminario Maior. Sala Quirinale. Pz. Inmaculada, 3. 15704. Santiago de Compostela.
Inscríbete para adquirir e mellorar as túas habilidades comunicativas e técnicas de persuasión!