Estratexias en Instagram e TikTok para persoas emprendedoras

Dende 28 de febreiro, 2024 - Ata 28 de febreiro, 2024

Xornada para capacitar ás persoas participantes no uso estratéxico de Instagram e TikTok para o crecemento dos seus proxectos emprendedores, enfocándose na xeración de leads e na optimización de estratexias de márketing en ambas plataformas

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

Xornada de formación e participación activa onde as persoas participantes explorarán de maneira práctica o desenvolvemento de estratexias para xerar leads en Instagram e TikTok, aplicando directamente os conceptos aprendidos e coa axuda dun experto no ámbito para mellorar a súa presenza en ambas redes sociais.

 

O programa será o seguinte:

09:45-9:50 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
09:50-10:00 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego.

10:00-10:20 h. Introdución ás RRSS (Instagram e TikTok).
10:20-11:00 h. Uso de Instagram e TikTok.

11:00-12:30 h. Desenvolvemento dunha estratexia de captación de leads.

12:30-13:00 h. Pausa para o café e networking.

13:00-14:00 h. Sesión práctica coas persoas emprendedoras.

14:00 h. Peche da xornada.


Programa

Presencial

Voltar