Dende 21 de maio, 2025 - Ata 21 de maio, 2025
A actividade consistirá nun curso na sede do polo de emprendemento sobre as obrigas legais das empresas que teñen que ver coa factura electrónica e a de fichaxe dos empregados. Será unha atividade con rigurosidade técnica que á vez permitirá a participación dos asistente para consultar as sua dubidas e encesidades particulares.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Mércores, 21 de maio | 16:00-20:00 h
📍Sede do Polo A Fonsagrada
Esta sesión técnica, organizada desde o Polo A Fonsagrada, ten como obxectivo acompañar ás pequenas empresas e persoas emprendedoras do territorio na adaptación ás novas obrigas legais que afectan á xestión da facturación e o rexistro de xornada laboral. Será un espazo informativo e participativo no que resolver dúbidas, compartir experiencias e coñecer como aplicar estas ferramentas con seguridade e eficacia.
A actividade inclúe contido teórico actualizado, exemplos prácticos e un espazo final de networking para fomentar o contacto entre negocios da comarca.
Nesta actividade traballarás:
Que é a factura electrónica e cales son as súas obrigas legais.
Datas clave e pasos para poñela en marcha.
Vantaxes da factura electrónica para pequenas empresas.
Que implica o rexistro de fichaxe de persoal e como aplicalo.
Espazo de preguntas e resolución de casos prácticos.
Networking con outros negocios da zona.
Programa:
16:00h – Presentación do evento
16:05h – Presentación do Polo e dos servizos dispoñibles
16:10h – Presentación das persoas participantes
16:20h – Exposición teórica:
• Factura electrónica e fichaxe de persoal: obrigas, prazos, vantaxes e implementación
18:30h – Sesión aberta de preguntas
19:15h – Café Networking
Se tes un negocio ou estás emprendendo, esta é unha ocasión perfecta para estar ao día, resolver dúbidas e facer comunidade empresarial. Inscríbete xa!