Dende 16 de xuño, 2025 - Ata 16 de xuño, 2025
Aprende a poñer en marcha e resolve todas as dúbidas que teñas sobre a factura electrónica e a fichaxe de empregados nesta xornada formativa.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
🗓️ Luns, 16 de xuño | 19:00 - 22:00 h
📍 Casa do Bico, Ferrañol, Becerreá
O teu negocio pode estar en marcha e funcionar ás mil marabillas, pero é fundamental manterse actualizado sobre as obrigas legais das empresas. Este obradoiro céntrase en dous aspectos que poden levantar moitas dúbidas: a factura electrónica e a fichaxe de empregados.
Esta actividade impartirase coa maior rigorosidade técnica e atendendo ás necesidades dos proxectos de cada un dos asistentes. Tras este curso, o teu negocio terá os medios para prestar un mellor servizo e ser máis competitivo.
Ademais de aprender a poñer en funcionamento a factura electrónica e a fichaxe de empregados, poderás conectar con outros negocios do territorio cos que compartir experiencias e crear comunidade.
Programa:
19:00 h - Presentación do evento
19:05 h - Presentación do polo e os servizos dispoñibles
19:10 h - Presentación dos participantes
19:20 h - Explicación teórica dos contidos
20:30 h - Sesión de preguntas
21:00 h - Café Networking
Se aínda non incorporaches estas funcionalidades ao teu negocio, non esperes máis e inscríbete!