Dende 03 de febreiro, 2025 - Ata 03 de febreiro, 2025
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a 6ª edición do obradoiro "Sistema integrado, xestión de explotacións agroalimentarias" no marco da Rede Eusumo, en varias sesións de traballo on line ao longo do mes de febreiro
Categorías: Formación
Data: do 3 ao 28 de febreiro
Duración: 70 horas
Modalidade: teleformación
Contidos da teleformación:
Módulo 1: Cooperativismo no sector primario
Módulo 2: Benestar Animal. Explotacións
Módulo 3: Operador de granxa
Módulo 4: Benestar Animal. Transportistas
Inscricións ata o 30 de xaneiro
Máis información: agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop