Obradoiro nova factura electrónica

Dende 21 de maio, 2025 - Ata 21 de maio, 2025

Coa implantación do novo sistema de facturación electrónica, xorden dúbidas entre emprendedores e autónomos que precisan ser resoltas. Esta xornada participativa e práctica centrarase na resolución destas cuestións.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

 

📅 Mércores, 21 de maio | 20:30 – 21:30h

📍 Casa da Cultura de Carballiño (Pza. Antón Losada, 1, O Carballiño, Ourense)

 

Ante a chegada do novo sistema de facturación electrónica, esta xornada busca ofrecer toda a información clave sobre a nova normativa e facilitar a súa implementación por parte dos autónomos e emprendedores. A actividade terá un formato dinámico e participativo, con espazo para resolver dúbidas e compartir ferramentas prácticas que axuden á adaptación á normativa sen complicacións.

 

Con esta actividade:

  • Aprenderás todo o necesario sobre a nova normativa de facturación electrónica.

  • Capacitaraste para adaptarte a ela de forma sinxela e efectiva.

  • Resolverás dúbidas concretas sobre prazos, requisitos e obrigas.

  • Coñecerás ferramentas prácticas que che facilitarán a súa implementación.

  • Participarás nun formato dinámico e próximo, guiado por un experto na materia.

 

Programa:

20:30 h – Recepción de asistentes e benvida.
20:35 h – Presentación da Rede de Polos de emprendemento.
Presentación de Acelera PYME e AJE Ourense.
Presentación do programa da xornada e do contido a tratar.
20:45 h – Bloque teórico:

  • Como funciona a nova normativa de facturación electrónica.

  • Que autónomos e empresas están obrigados a aplicala.

  • Prazos e requisitos esenciais.

  • Ferramentas prácticas para cumprir coa normativa.

21:15 h – Quenda de preguntas.
21:30 h – Peche de xornada.

 

Non perdas esta oportunidade de prepararte para o cambio! As prazas son limitadas, así que inscríbete canto antes para garantir o teu lugar.


Presencial

Voltar