Obradoiro introdutorio á fabricación aditiva FDM

Dende 11 de marzo, 2025 - Ata 11 de marzo, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza o obradoiro "Introdución á fabricación aditiva FDM", unha sesión teórico-práctica para achegar ás persoas emprendedoras o mundo da impresión 3D

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial


 

📅 Martes, 11 de marzo | 10:00 - 14:00 h

📍 Sede do Polo de Emprendemento de Melide (Rúa do Convento nº 1, Melide)

 

 Esta xornada capacitarate para...

 

✔️ Entender os conceptos clave da fabricación aditiva FDM e os seus usos

✔️ Manexar ferramentas para deseñar modelos en 3D

✔️ Preparar e calibrar unha impresora 3D para realizar unha impresión

 

O programa será o seguinte:

 

🔹 10:00 - 10:10 h. Recepción de asistentes e benvida

🔹 10:10 - 10:15 h. Presentación do evento

🔹 10:15 - 10:30 h. Presentación da docente e beneficiaria do Polo de Melide Patricia Vilar Agra - Alvo 3D Estudio

🔹 10:30 - 11:30 h. Introdución á fabricación aditiva FDM e formatos de arquivo compatibles

🔹 11:30 - 11:45 h. Pausa café e espazo networking

🔹 11:45 - 14:00 h. Software laminador, preparación e calibración da impresora, impresión dun modelo e sesión de preguntas

 


Presencial

Voltar