Obradoiro de emprendemento no colexio La Merced

Dende 24 de abril, 2025 - Ata 24 de abril, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Verín, a instancias do colexio La Merced, levará a cabo un obradoiro de emprendemento entre o alumnado de 4º da ESO deste centro.

Categorías: Conectando o polo co sector...

O persoal técnico do polo de emprendemento Verín, achegarase as instalacións do Colexio La Merced para dinamizar unha actividade de difusión do emprendemento.

a sesión dividirase en dúas partes :
1ª Parte: Iniciase a través de dous exemplos de casos de éxito recoñecidos:

  •   Roberto Verino: deseñador galego nacido na comarca de Verín en 1945 e creador da marca de recoñecido prestixio nacional e internacional, “Roberto Verino”.
  •   Emilio Froján Fernández: creador da “VELCA”, empresa de motos eléctricas con selo galego que se converteu nunhas das mellores “startups” do mundo en 2022. 

2ª parte: Faremos un exercicio práctico empregando o método “Ikigai”, como forma de que o alumnado se poida sentir motivado a compartir ideas de negocio, poidan diferenciar cales son as súas habilidades innatas e como isto pode influír nunha idea de emprendemento.


Conectando o polo co sector...

Voltar