Dende 25 de abril, 2024 - Ata 25 de abril, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Monforte de Lemos organiza unha actividade en liña para proporcionar as ferramentas e coñecementos básicos para potenciar o márketing e a comunicación das persoas emprendedoras
Categorías: Formación
Modalidades: Online
A través desta actividade que se desenvolverá en liña mediante a ferramenta Teams, brindaráselles ás persoas participantes insights prácticos e estratexias probadas que lles permitan non só sobrevivir, senón tamén destacar e medrar nunha contorna empresarial competitiva e en constante cambio.
Nesta xornada exploraranse diversas áreas do márketing e a comunicación (desde a identificación da súa audiencia obxectivo ata a creación de mensaxes sorprendentes e o uso eficaz das plataformas dixitais), ademais de coñecer as distintas estratexias, recursos e orzamentos para que poidan maximizar o seu impacto sen comprometer a viabilidade do seu negocio.
O programa será o seguinte:
13:00-13:05 h. Presentación do poñente Hugo Ferrón. Licenciado en Ciencias Políticas, Máster en Xornalismo e Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos dixitais.
13:05-13:10 h. Segmentar para sementar: construír unha audiencia e acadar clientes.
13:10-13:15 h. Como elixir as canles máis axeitadas para o meu negocio.
13:15-13:35 h. Xeración de contidos: vender sen que pareza que vendemos.
13:35-13:55 h. Rolda de preguntas.
13:55-14:00 h. Peche da sesión.
A actividade terá lugar o 25 de abril a través da plataforma Teams.
Se queres adquirir coñecementos sobre márketing e comunicación para mellorar os teus proxectos de emprendemento non dubides en participar!