Dende 28 de maio, 2024 - Ata 28 de maio, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño organiza esta actividade para dar a coñecer a importancia da fixación de prezos dos produtos e servizos
Categorías: Formación
Modalidades: Online
A fixación de prezos non é só clave para o cálculo da rendibilidade dun proxecto, senón que tamén se pode usar como ferramenta estratéxica para o posicionamento da marca no mercado. Se queres coñecer máis sobre a importancia de fixar os prezos para os teus produtos e servizos de acordo co teu posicionamento de marca, este obradoiro de formación pode proporcionarche as respostas.
A actividade desenvolverase en dúas partes: a parte teórica proporcionará os aspectos clave que permiten definir unha estratexia de prezos e na parte práctica resolveranse os casos dos grupos de traballo de xeito interactivo e focalizándose en aplicar os conceptos previamente presentados na parte teórica.
O programa será o seguinte:
16:00-16:05 h. Recepción das persoas asistentes, benvida e presentación da poñente Lucía López Ferradáns, educadora financeira e CEO da empresa Abundanthia.
16:05-16:15 h. Presentación do programa da xornada e da Rede de polos de emprendemento.
16:15-17:00 h. Exposición dos aspectos teóricos.
17:00-17:30 h. Dinámica de grupos de traballo.
17:30-17:55 h. Exposición das conclusións de cada grupo de traballo e quenda de preguntas.
17:55 h. Peche da actividade.
O obradoiro terá lugar o 28 de maio, de forma online mediante a plataforma Zoom.
Non perdas a oportunidade de descubrilo!
ColaboradoresAbundanthia