Dende 13 de novembro, 2024 - Ata 13 de novembro, 2024
O Polo Baños de Molgas organiza unha sesión para que as persoas emprendedoras aprendan máis sobre tributación e fiscalidade
Categorías: Formación
Modalidades: Online
O Polo Baños de Molgas organiza unha formación co obxectivo de que as persoas participantes poidan adquirir nocións básicas sobre tributación, coñecer e evitar os erros mais comúns a hora da fiscalidade e as finanzas do negocio e aumentar a capacidade de autoxestionar as súas finanzas.
A sesión está formada por dúas partes:
Primeira parte: Levaranse a cabo dinámicas participativas que lles permita ver os diferentes erros mais comúns a hora da realización dos procesos fiscais e administrativos e a solución para estes, ou a maneira de evitar ditos erros.
Segunda parte: Resolución de dúbidas sobre casos particulares do ámbito administrativo que teñan os emprendedores.
O programa será o seguinte:
16:00-16:05 h. Recepción de asistentes e benvida
16:00-16:15 h. Presentación da actividade e dos poñentes. Asesoría Xesta: Iago e Iria, asesoría dixital especializada en autónomos artistas e artesáns
16:15-17:40 h. Erros mais comúns que se soen cometer: preguntas e respostas
17:40-17:50 h. Rolda de preguntas.
17:50-18:00 h. Peche da actividade.
A actividade terá lugar en liña o mércores, 13 de novembro.
Inscríbete e non deixes pasar esta oportunidade!
ColaboradoresAsesoría Xesta