Lidera o teu emprendemento. Mapa de habilidades para o éxito!

Dende 14 de febreiro, 2024 - Ata 14 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda organiza un obradoiro de emprendemento online enfocado a mapear as habilidades transversais que toda persoa debe desenvolver para emprender e xestionar o seu propio negocio.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

Esta actividade contemplase como unha diagnose que serva para planificar pequenos obradoiros prácticos, ao longo de todo o ano, enfocados a que as e os beneficiarios dos Polos adquiran “as habilidades fundamentais para emprender e xestionar un negocio”.

Esta diagnose traballarase en base a un debate dirixido, en pequenos grupos, que facilitará a creación dun mapa onde se recollan “as habilidades e destrezas para emprender e xestionar un negocio” puntuadas de máis a menor importante.

Os obxectivos do obradoiro son os seguintes:

  • Coñecer e mapear as “habilidades transversais” que toda persoa debe ter para emprender e xestionar o seu propio negocio.
  • Identificar que “pílulas formativas” cómpre levar a cabo para dar resposta ás necesidades/demandas das persoas emprendedoras.

Programa:

  • 16:00 Recepción de asistentes e benvida.
  • 16:10 Presentación da actividade: finalidade e metodoloxía de traballo.
  • 16:25 Traballo en pequenos grupos: As persoas participantes traballaran en pequenos grupos nos que, mediante un debate dirixido, construirán o mapa de habilidades e destrezas para emprender e xestionar un negocio.
  • 17:00 Exposición do traballo de cada grupo.
  • 17:20 Debate en grande grupos: Cales son as máis importantes? Establecemento da orde de importancia empregando unha técnica creativa de avaliación de ideas.
  • 17:35 Exposición ordenada de habilidades e destrezas e conclusións.
  • 17:50 Peche da actividade. Recordatorio do seu Para que? e continuidade do obradoiro.

Dirixido a Persoas beneficiarias da Rede de emprendemento e apoio ao emprego

Data e lugar de celebración: día 14 de febreiro de 16 a 18h en formato online (a través da Plataforma Zoom)

Imparte: Mariem Filgueira Pérez (Sherpa Empresarial

 

Online

Voltar