Dende 04 de xuño, 2025 - Ata 04 de xuño, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide organiza o obradoiro "Afondando no proceso de impresión 3D FDM", unha sesión teórico-práctica co motivo de ampliar coñecementos e profundizar na práctica da técnica de fabricación aditiva FDM.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Mércores, 4 de xuño | 10:00-14:00 h
📍Sede do Polo Melide
Despois do éxito do primeiro obradoiro introdutorio, volvemos con ganas de máis! Neste novo taller práctico afondaremos no mundo da impresión 3D FDM, explorando técnicas máis avanzadas e perfeccionando o manexo desta tecnoloxía paso a paso, co apoio de Alvo 3D Estudio.
Se che gustou a primeira sesión, ou tes interese no mundo da impresión 3D, esta é a ocasión perfecta para seguir aprendendo nun ambiente dinámico, colaborativo e con moita práctica real. Aprenderemos a traballar con diferentes materiais, a preparar arquivos para impresión e a resolver problemas comúns coa axuda de profesionais do sector.
Programa:
10:00 h – Recepción e benvida
10:10 h – Presentación do Polo de emprendemento
10:15 h – Presentación da actividade formativa e a súa planificación (Patricia Vilar. Fundadora Alvo 3D Estudio)
10:30 h – Afondando na proceso de impresión 3D FDM e tecnoloxía FDM
11:30 h – Pausa para café e networking
11:45 h – Materiais, uso, aplicación, laminación de arquivos, impresión de modelos
14:00 h – Peche da sesión
Esta xornada non é só formación: é tamén unha oportunidade para facer contactos, compartir inquedanzas e seguir medrando como persoa emprendedora ou apaixonada da tecnoloxía.