Dende 31 de xaneiro, 2025 - Ata 31 de xaneiro, 2025
O Polo Sarria presentará a inspiradora historia de Gandería Quintián como exemplo de xestión do cambio no rural galego
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
O Polo Sarria quere dar a coñocer a inspiradora historia de Gandería Quintián e, cos seus fundadores, abrir a conversa sobre a aposta polo emprendemento rural, os valores e compromiso ou a xestión do cambio e como afrontar dificultades.
A actividade desenvolverase, nunha primeira parte, como relatorio que dará lugar a preguntas e aportacións das persoas participantes e na segunda parte realizarase unha visita ás instalacións de Gandería Quintián. Finalizarase cun tempo para networking e degustación de produtos de locais.
O programa será o seguinte:
10.30 - 10:45 h. Recepción das persoas participantes. Autoservizo de café e productos locais.
10.45 - 10:55 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Sarria
10.55 - 12:00 h. Relatorio “Historia de Ganderia Quintián. Comezos, valores, dificultades, logros…”, por Chelo e Julio, propietarios da Gandería Quintián
12.00 - 13:00 h. Visita ás instalacións de Gandería Quintián
13.00 h. Degustación e networking
O evento terá lugar nas instalacións da Gandería Quintián (Lugar Quintián, Friolfe, nº 2, O Páramo, Lugo) o venres, 31 de xaneiro.
Achégate!