Dende 03 de xullo, 2023 - Ata 03 de xullo, 2023
O Polo de emprendemento Rías Altas e Arco Ártabro en colaboración co CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza unha xornada formativa "O uso da impresión 3D" coa que se pretende que as persoas emprendedoras entendan que é a impresión 3D, para que serve, como se crean as pezas e cal é o seu coste aproximado.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro en colaboración co CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza o 3 de xullo ás 10.00h un taller sobre o uso da impresión 3D co obxectivo de que os emprendedores entendan que é a impresión 3D, para que serve, como se crean as pezas e cal é o seu coste aproximado.
OBXECTIVOS
LUGAR
Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro (CIS Deseño e tecnoloxía, A Cabana).
PROGRAMA
10:00h Presentación do Polo Rías Altas e Arco Ártabro.
10:15h Xornada formativa:
• Iniciación a impresión 3D
• Demo coa impresora 3D
• Iniciación deseño 3D
• Indicacións de deseño para impresión
• Programación da impresión
• Impresión práctica de pezas
• Acabado das pezas. Resolución de problemas. Custes
13:15 Peche da xornada
ColaboradoresCIS Tecnoloxía e Deseno