O rural galego, fonte de riqueza

Dende 31 de maio, 2024 - Ata 31 de maio, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un encontro aberto para reflexionar e debater sobre as posibilidades de emprendemento no rural galego e na montaña de Lugo

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

Nesta actividade terás a oportunidade de coñecer historias inspiradoras de creación de riqueza aproveitando os recursos do territorio na montaña de Lugo como a de A Carqueixa ou Cervexas Píntega. O Polo da Fonsagrada organiza este encontro aberto no que diferentes persoas emprendedoras compartirán a súa experiencia e opinión sobre este tema.  

  

No desenvolvemento da mesa redonda participarán:   

  • Román Sánchez: emprendedor e xerente da Soc. Coop. A Carqueixa. 

  • Braulio Díaz: gandeiro asociado a ASGAFON. 

  • Juan Pablo Ferreiros: emprendedor responsable de Cervexas Píntega. 

  • José Luis Gude: de Aleutos. 

  • Marco Rubinos: responsable de 3edata.  

 

O programa será o seguinte:   

11:00-11:15 h. Recepción das persoas participantes.  

11:15-11:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada e experiencia de colaboración no territorio Polo A Fonsagrada – GDR 3.  

11:30-13:00 h. Mesa redonda moderada por Marco Rubinos.   

13:00 h. Degustación de produtos do territorio, networking e peche da xornada.  

  

O encontro terá lugar o 31 de maio, na Casa do Bico, Ferrañol nº 7, 27647, Becerreá, https://casadobico.com/   

 

Descubre a importancia da colaboración e da creación de redes entre as persoas emprendedoras do territorio! 

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais, ASGAFON, A Carqueixa

Voltar