Dende 28 de outubro, 2024 - Ata 28 de outubro, 2024
Con motivo da clausura do Programa Alento, nesta xornada, con charlas próximas e experiencias reais, contaremos coa presenza de persoas empresarias, emprendedoras e profesionais do sector da comunicación que compartirán desde ideas enxeñosas de comunicación que conseguiron un impacto importante ata erros que cometeron nos seus inicios ou anécdotas que seguro que nos farán rir e aprender.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial
Sabemos que emprender é todo un desafío e algúns dos obstáculos aos que se enfronta unha persoa emprendedora é darse a coñecer e conseguir comunicar de forma efectiva para conectar cos seus clientes nun terreo de gran competencia e masificado de mensaxes doutras marcas.
Con motivo da clausura do Programa Alento, nesta xornada, con charlas próximas e experiencias reais, contaremos coa presenza de persoas empresarias, emprendedoras e profesionais do sector da comunicación que compartirán desde ideas enxeñosas de comunicación que conseguiron un impacto importante ata erros que cometeron nos seus inicios ou anécdotas que seguro que nos farán rir e aprender.
Será un encontro relaxado, onde o máis importante é compartir e aprender entre todos. Non importa se acabas de empezar ou se levas anos no camiño do emprendemento, aquí seguro atoparás ferramentas e consellos útiles para mellorar a túa forma de comunicar.
PROGRAMA
11:45h Recepción de asistentes
12:00h Benvida
12:05h Estratexias de comunicación que conquistaron
Nesta primeira mesa, os relatores compartirán ideas creativas e innovadoras que levaron a cabo para promocionar ou comunicar os seus proxectos conseguindo un importante impacto no seu público obxectivo.
12:25h En primeira persoa: erros de comunicación sendo principiante
Empresari@s compartirán algúns dos erros cometidos á hora de comunicar os seus proxectos nos inicios das súas andaduras empresarais.
12:45h Carrusel comunicativo 9x9: 9 Tips efectivos de comunicación en 9 minutos
3 axencias de comunicación compartirán, durante 9 minutos, de maneira áxil e dinámica, 9 consellos que toda empresa debe ter en conta para comunicar con efectividade a súa marca.
13:00h Experiencias Alento: emprendedores de ti a ti
Nese apartado, coñeceremos de preto algún dos participantes do Programa Alento así como o valor que aportan ao mercado.
13:30h Programa Alento: antes e despois.
Resumo do Programa Alento “Impulso á Comunicación para Emprender” e conclusións finais.
Pablo Fernández. Secretario Xeral de Emprego e RRLL
Alberto Garnil. Presidente Clúster da Comunicación de Galicia
13:40 h Networking e pincho galego.
Lugar do evento: Bunker Miraveo: Rua Marie Curie, 6, A Coruña
ColaboradoresClúster da comunicación de Galicia