“O emprendemento como alternativa laboral para persoas en situación de desemprego”

Dende 17 de xullo, 2024 - Ata 17 de xullo, 2024

A petición da Mancomunidade de Municipios da comarca de Verín e como forma de aportar e colaborar na formación e orientación laboral no ámbito do emprendemento, realizaremos un Obradoiro de orientación emprendedora para persoas en situación de desemprego, co aliciente de que vexan no emprendemento unha opción potente de saída laboral.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín, a demanda da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e como forma de aportar e colaborar na formación e orientación laboral no ámbito do emprendemento, realizará un Obradoiro de orientación emprendedora.

No transcurso deste Obradoiro, os asistentes (persoas entre 20 e 55 anos) participarán en diferentes dinámicas e actividades, a través das cales, tentaremos conciencialos sobre o emprendemento como unha opción potencial de saída laboral. Ao mesmo xeito, daremos a coñecer de cerca, cal é a labor da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, e en concreto, do noso Polo.

Aproveitaremos para dar a coñecer o Polo, a metodoloxia e aspectos básicos empregados para apoiar ás persoas emprendedoras. Seguemento dende os seus inicios coa definición de negocio (etapa emerxer); pasando pola validación no mercado previa ao inicio do negocio (etapa explorar) e a mellora dos procesos de negocio (etapa executar), ata rematar coa expansión hacia novos retos e destinos para o emprendemento (etapa expandir).

Empregaremos o famoso modelo “Ikigai” para que todas e todos poidan reflexionar e crear por eles mesmos o seu propio “Ikigai”, en atención ás cousas que lles gusta facer, as que se lle dan ben, cales son as que o mundo necesita e por cales recibirían un salario. Debatiremos sobre cales son os servizos que poden ter unha demanda obxectiva de clientes e cales poderían ser un punto fixo de ingresos en atención ao que a xente precisa na actualidade. Importancia do concepto da “marca”.

Lugar de celebración: Polo de emprendemento e apoio ao emprego Verín

Horario: 9:30 a 11:00 horas


Presencial

Voltar