Dende 11 de abril, 2024 - Ata 11 de abril, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol organiza unhas xornadas formativas para favorecer a comprensión e o aproveitamento das plataformas de redes sociais
Categorías: Formación
O obxectivo desta formación que se impartirá en dúas xornadas (o 11 e o 17 de abril), é que as persoas asistentes entendan os conceptos básicos das redes sociais, como funcionan, que tipos existen e como se utilizan. Ensinarase a xestionar eficazmente os seus perfís con contido relevante e atractivo, a programar publicacións, a interactuar coas persoas seguidoras e a medir o rendemento das mesmas, expoñendo exemplos prácticos.
Dita formación estará impartida ámbolos días por Verónica Ramallal, fundadora da consultora de social media e marca persoa Pekecha.
O programa será o seguinte:
9:30-9:35 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
9:35-10:20 h. A evolución das redes sociais: tipos de plataformas de redes sociais.
10:20-11:20 h. Redes sociais aplicadas a pequenos negocios: Facebook, Instagram e TikTok.
11:20-11:40 h. Pausa para o café.
11:40-12:20 h. Análise de casos de éxito en negocios de proximidade.
12:20-13:00 h. Como definir unha estratexia para o teu negocio ou marca persoal no contexto actual.
13:00 h. Rolda de preguntas.
A xornada formativa terá lugar o 11 de abril, no Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol, A Cabana s/n, edificio CIS.
As prazas son limitadas. Asignaranse por orde de inscripción, tendo preferencia as persoas beneficiarias da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Anímate, participa e coñece o potencial que poden ter para ti as redes sociais!