Estratexias e publicidade nas redes sociais

Dende 16 de abril, 2024 - Ata 16 de abril, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol organiza a segunda xornada formativa para a comprensión e a xestión eficaz das plataformas de redes sociais

Categorías: Formación

 

A pretensión desta segunda xornada é, ademais de seguir profundando nos conceptos e contidos básicos, funcionamento e xestión das redes sociais; capacitar ás persoas asistentes para que poidan identificar as oportunidades que lles ofrecen para promover a marca persoal ou comercial, xerar leads, establecer conexións profesionais e calquera outro propósito de interese.

 

A formación estará impartida por Verónica Ramallal, fundadora da consultora de social media e marca persoa Pekecha.

 

O programa será o seguinte:

9:30-9:35 h. Resumo do aprendido na xornada “O poder das redes sociais para emprender”. 

9:35-10:20 h. Os 10 erros máis frecuentes na xestión das redes sociais: exemplos prácticos.

10:20-11:20 h. Estratexias específicas para as redes sociais de Facebook, Instagram, Twitter, TikTok, Twitch, WhatsApp e Pinterest.

11:20-11:40 h. Pausa para o café.

11:40-12:20 h. Pasos a seguir na creación e xestión de campañas publicitarias en redes sociais.

12:20-13:00 h. Ferramentas de xestión para analizar KeyWords, programar contidos e facer métricas e parametrizacións.

13:00 h. Rolda de preguntas.

 

A xornada formativa terá lugar o 16 de abril, no Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol, A Cabana s/n, edificio CIS.

 

As prazas son limitadas. Asignaranse por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas beneficiarias da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

 

Agardámoste!


Formación

Voltar