Dende 10 de xuño, 2024 - Ata 10 de xuño, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Verín organiza unha actividade para motivar e inspirar ás mulleres do rural a emprender na rexión
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Queres coñecer os retos e oportunidades do emprendemento feminino no rural? Sabes como podes xestionar o fracaso ou a motivación para emprender? Pois o Polo de Verín ofréceche as respostas a través da actividade que organiza para destacar o que supón o emprendemento feminino no rural da rexión.
No desenvolvemento da actividade daranse tres fases:
Introdución “A muller no emprendemento”. Farase unha breve introdución do que supón o emprendemento no rural.
Mesa redonda. Debate sobre os retos e oportunidades que se lles presentan ás mulleres rurais que queren ser emprendedoras.
Espazo mentoring. Profesionais da Asociación de empresarios de Ourense realizarán dúas mentorizacións para orientar e guiar ás persoas asistentes.
O programa será o seguinte:
11:20-11:30 h. Recepción das persoas invitadas e asistentes.
11:30-11:35 h. Comezo do evento.
11:35-11:45 h. Introdución á mesa redonda e contexto actual da “Muller no emprendemento”.
11:45-12:45 h. Desenvolvemento da mesa redonda.
Participantes:
Nuria Iglesias Blanco: socia fundadora de Mobify, CEO de TrendONme.com e presidenta de AJE Ourense.
Lorena Quintas Rejo: creadora de Xogo de Fíos, emprendedora e parte da Xunta Directiva de ACADAR (Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia) e de Discafis Ourense (Federación provincial de persoas con discapacidade).
Laura Calvo Prieto: socia da empresa de transportes SILAGRO S.L., líder na comarca en a provincia de Ourense.
Vanesa Novoa Vila: fundadora da empresa Konstrunova, que dende os seus inicios aposta pola innovación e a calidade na construción.
12:45-13:00 h. Rogos e preguntas das persoas asistentes.
13:00-13:50 h. Espazo mentoring: realizaranse unha mentorización coa finalidade de formar e orientar ás persoas emprendedoras asistentes.
“A arte de emprender. Desaprender para aprender” por Alba Ferro.
13:50-14:00 h. Peche e agradecementos.
14:00 h. Aperitivo e networking.
A actividade terá lugar o 10 de xuño, no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín.
Anímate e inscríbete!