O emprendemento e a economía social a prol da igualdade.

Dende 14 de marzo, 2024 - Ata 14 de marzo, 2024

O polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol, participa nesta actividade de difusión da cultura emprendedora, a economía social e a igualdade.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O 14 de marzo de 2024 de 10:30h a 12:40h no Centro de Formación municipal do Polígono de Cuíña, Ortigueira

 

OBXECTIVOS

 A finalidade é informar sobre:
 a. As características e particularidades das entidades de economía social.
 b. Os servizos de apoio ao emprendemento prestado a través dos Polos de Emprendemento. 
 c. Facilitar información sobre as axudas para emprender en economía social e en xeral; APROL ECONOMÍA SOCIAL, INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO E EMPRENDEMENTO PLUS.
 d. Amosar as oportunidades de emprendemento do ecosistema galego.

PÚBLICO OBXECTIVO

Dirixido ás persoas participantes en programas de emprendemento e cursos de formación impulsado polo Concello e a público en xeral

 

PROGRAMA FORMATIVO

 

10:30 h - Benvida institucional

10:40 h – A Rede Eusumo e a Economía social: Cooperativas e Sociedades Laborais outras formulas xurídicas

11:40 h – Presentación dos Polos de Emprendemento: Rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento

11:50 h - Apoios e axudas da Consellería de Emprego e Igualdade: APROL Economía Social, Iniciativas de Emprendemento e Emprendemento Plus.

12:15 h – Experiencias de emprendemento no rural: 3 experiencias emprendedoras

12:40 h - Peche

 

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

INSCRICIÓN:

No CIM ou chamando ao 986 40 25 42

Máis información en: www.eusumo.gal

 


Programa

Presencial

Voltar