O emprendemento como opción para o comezo da vida laboral

Dende 14 de maio, 2024 - Ata 14 de maio, 2024

O polo de emprendemento e apoio ao emprego Verín, levará a cabo un taller formativo para a difusión da cultura emprendedora no colexio La Merced, Padres Mercedarios.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

Esta actividade está dirixida aos alumnos de 4º de ESO e responde á preocupación do centro por darlles información e perspectivas para que poidan tomar as mellores decisións para o seu futuro laboral.

A sesión divídese en duas partes, nunha primeira parte darase a coñecer aos asistentes unha ferramenta de apoio ás persoas emprendedoras, o IKIGAI, ferramenta que permite aliñar os intereses e as habilidades das persoas coas necesidades do mercado.

Nunha segunda parte, expoñeranse exemplos inspiradores de emprendemento.

O horario da actividade é de 11:30 a 13:00 horas.

Lugar de celebración: Colexio La Merced, Padres Mercedarios de Verín.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresColexio La Merded, Padres Mercedarios

Voltar