O emprendemento como alternativa laboral

Dende 13 de xuño, 2024 - Ata 13 de xuño, 2024

Impartición de obradoiro formativo para persoas usuarias dos servizos da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade- COGAMI Ferrol

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol, desenvolve un obradoiro formativo a través do que se alentará o espírito emprendedor e achegarase o emprendemento ás persoas participantes. O principal obxectivo e que os/as persoas usuarias dos servizos de COGAMI sexan conscientes de que emprender é unha opción para eles/as (é igualmente válido para explorar posibilidades laborais por conta allea), e que coñezan que se pode emprender con certas garantías grazas ao apoio profesional.

10:00h Benvida

10:15h Obradoiro formativo:

  • Presentación da actividade: Que é emprender e que facemos dende o polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol.
  • Traballando a motivación; todos/as sodes emprendedores/as coma eles/elas.
  • Pausa.
  • Dinámica IKIGAI.

13:00 Peche do obradoiro

Actividade realizada nas instalacións de COGAMI e exclusiva para os seus asociados.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConfederación Gallega de Personas con Discapacidad- COGAMI Ferrol

Voltar