Dende 23 de xaneiro, 2025 - Ata 23 de xaneiro, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Verín realizará unha sesión informativa en colaboración coa IPX Pataca de Galicia, da man do seu presidente D. Jose Manuel Gómez Gómez
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Verín realizará unha sesión informativa en colaboración coa IPX Pataca de Galicia, da man do seu presidente D. José Manuel Gómez Gómez. As persoas emprendedoras poderán informarse sobre todo o relativo á produción da pataca e a defensa dos intereses dos operadores, produtores, almacenadores e envasadores da pataca, producto estrela de Galicia e do sur de Ourense.
O programa será o seguinte:
11:00 - 11:15 h. Recepción das persoas convidadas
11:15 - 11:30 h. Presentación da actividade e da temática a tratar.
11:30 - 12:00 h. Tratamento das seguintes cuestións de interese:
12:00 - 11:45 h. O emprendemento no sector da pataca:
12:45 - 13:00 h. Rogos e preguntas
13:00 h. Aperitivos e despedida
A sesión terá lugar na sede do Polo Verín (Estrada do Polígono Industrial nº99, Pazos, Verín) o próximo xoves, 23 de xaneiro.
Ven a descubrir máis sobre a Pataca de Galicia como unha opción viable de emprendemento!
AFORO COMPLETO!!!