Networking pola Ría de Ferrol

Dende 27 de xuño, 2025 - Ata 27 de xuño, 2025

Un ano máis AJE convoca a ruta nocturna en barco pola Ría de Ferrol para realizar unha cea-networking coa que dar a benvida ao verán.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres 27 de xuño | 21:00 - 00:00
📍 Peirao de Curuxeiras, Ferrol

 

AJE Ferrolterra celebra a xa tradicional cea-networking pola Ría de Ferrol. Unha noite única para conectar con outr@s emprendedor@s e empresari@s no escenario incomparable que é o patrimonio natural da ría. 

A ruta en barco comezará cunha dinámica de presentacións, que dará paso á comida e bebida: menú degustación con especialidades doces e salgadas e barra libre. 

Apúntate a esta xornada única na que estreitar lazos cos compañeir@s aproveitando a boa comida e as paisaxes privilexiadas da Ría de Ferrol: non hai mellor maneira de inaugurar o verán!


Presencial

Voltar