Dende 18 de febreiro, 2025 - Ata 18 de febreiro, 2025
O Polo O Porriño, en colaboración con Skeirrum S. Coop. Galega Xuvenil, organiza un Escape Room para as persoas beneficiarias do Polo
Categorías: Networking da Rede de Polos
🔑 Networking: Escape Room de Emprendemento
📅 Martes, 18 de febreiro | 18:00 – 20:00 h.
📍 Tribu Coworking (Rúa do Progreso, nº 20, O Porriño)
O Polo O Porriño quere seguir fomentando a conexión entre as persoas emprendedoras da zona. Por iso, organizamos a primeira edición dunha actividade de networking diferente e dinámica: un Escape Room de Emprendemento, en colaboración con Skeirrum S. Coop. Galega Xuvenil.
Durante esta experiencia inmersiva, terás que traballar en equipo e tomar decisións conxuntas para resolver os desafíos aos que se enfronta calquera persoa que inicia un negocio. Ademais, será unha oportunidade para ampliar a túa rede de contactos, detectar posibles sinerxías e fortalecer as relacións empresariais.
Esta actividade capacitarate para...
O programa será o seguinte:
18:00 – 18:10 h. Recepción e benvida a cargo das persoas técnicas do Polo O Porriño.
18:10 – 19:30 h. Escape Room de Emprendemento, dinamizado por Skeirrum S. Coop. Galega Xuvenil
19:30 – 20:00 h. Pinchos e networking libre.
Se formas parte da Rede de Polos, non podes perder esta experiencia! Únete a nós e fai crecer a túa rede de contactos!