Networking e Emprendemento en Acción

Dende 13 de setembro, 2024 - Ata 13 de setembro, 2024

Xornada de networking entre beneficiarios do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol e posibles persoas emprendedoras do territorio interesadas

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol levará a cabo unha xornada de networking co obxectivo de conectar ás persoas emprendedoras usuarias do Polo e persoas externas interesadas nun espacio dinámico no que se poidan xerar sinerxías, compartir experiencias e boas prácticas e descubrir oportunidades de colaboración entre diferentes proxectos.

 

Búscase que as persoas emprendedoras expandan a súa rede de contactos, aprendan e atopen novos recursos que impulsen o seu proxecto empresarial.

 

programa será o seguinte:

 

13:30-13:35 h. Benvida e presentación da xornada

13:35-13:40 h. Explicación da dinámica Speed Networking

13:40-14:40 h. Speed Networking: presentación de cada un dos proxectos (3 minutos por proxecto máximo)

14:40-15:30 h. Cóctel Networking

15:30-16:00 h. Posibles sinerxías entre proxectos: animarase aos participantes a que despois de coñecer todos os proxectos, pensen en que sinerxías poderían saír deste encontro

16:00-16:15 h. Conclusións 

16:15 h. Clausura

 

A sesión terá lugar o venres 13 de setembro na sede do Polo Ferrol (Lugar A Cabana, Edificio CIS, Ferrol).

 

Non esperes máis para conectar con outras persoas emprendedoras da túa contorna, inscríbete xa!


Presencial

Información adicional

ColaboradoresAsociaciones de emprendemento

Voltar