Networking AJE Ourense: transmitindo vivencias emprendedoras

Dende 01 de xuño, 2024 - Ata 01 de xuño, 2024

AJE Ourense quere fomentar o emprendemento e o diálogo entre emprendedores co fin último de que sumar experiencias sirvan como motor para despegar aínda máis alto.

Categorías: Outra

 

Deste xeito, pensamos nun evento de networking un pouco diferente. A Ribeira Sacra é un dos grandes tesouros da provincia e nela tamén hai emprendedores que forman parte da nosa comunidade. Buscamos recoller nun evento estas dúas cousas: gozar do noso patrimonio e coñecernos a través das vivencias emprendedoras.

 

Neste encontro, faremos unha ruta en Catamarán pola Ribeira Sacra, con cata de viños e pinchos, ambos de emprendedores locais. Varios mozos que sacaron as súas iniciativas adiante nun entorno rural, e que ademais son membros de AJE Ourense, contarán os seus casos de éxito emprendendo, cos problemas e experiencias que levan consigo.

 

Será un punto de encontro para facer comunidade e contactos entre empresarios ao mesmo tempo que ofrecemos unha alternativa de ocio para coñecer a nosa provincia. 


Outra

Voltar