NeoSkills: Realidade virtual para o desenvolvemento de competencias

Dende 29 de xaneiro, 2025 - Ata 29 de xaneiro, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza un obradoiro para reflexionar sobre as competencias emprendedoras a través da realidade virtual

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

 

 

O Polo O Barco impulsa esta iniciativa na que pretende adestrar as habilidades das persoas participantes a través dunha formación experiencial mediante realidade virtual.   A dinámica consistirá na selección de dous grupos que participarán nun “xogo” no que terán que construír un equipo, repartir ferramentas e acadar uns obxectivos.  

 

A través deste obradoiro búscase a reflexión, a adaptación ao traballo en equipo e a planificación funcional, ademais de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes.   

 

O programa será o seguinte:   

 

9:00 - 9:15 h. Recepción das persoas asistentes e benvida

9:15 - 14:15 h. Experiencias neoSkills

14:15 - 14:30 h. Reflexión grupal e conclusión

14:30 h. Peche da xornada

 

O obradoiro terá lugar o 29 de xaneiro no Salón de Actos en Casa Grande Viloria (Praza Ramón Otero Pedraio, nº 11, O Barco de Valdeorra).

 

Ven, aprende e conecta!


Presencial

Voltar