NeoSkills: Realidade virtual para o desenvolvemento das competencias

Dende 13 de febreiro, 2024 - Ata 13 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño organiza un obradoiro para reflexionar sobre as competencias emprendedoras a través da realidade virtual.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

Esta iniciativa está orientada a que as persoas beneficiarias da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego adestren as súas habilidades a través dunha formación experiencial mediante realidade virtual.  

A dinámica consistirá na selección de dous grupos que participarán nun “xogo” no que terán que construír un equipo, repartir ferramentas e acadar uns obxectivos.  

A través deste obradoiro búscase a reflexión, a adaptación ao traballo en equipo e a planificación funcional. Ademais de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes.  

 

  

O programa será o seguinte:  

9:15-9:30h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

9:30 -9:45h  Presentación dos servizos de apoio do Polo de emprendemento O Porriño

9:45-14:00h Experiencia neoSkills 

14:00- 14.30h Reflexión grupal e conclusións  

14:30 h. Peche da xornada.  

  

O obradoiro terá lugar o 13 de febreiro en PORREMPREGO, Oficina Municipal de Emprego (Concello do Porriño).  

Ligazón de Google Maps: https://maps.app.goo.gl/Urj3NJynazMdTemCA   


Presencial

Voltar