NeoSkills: realidade virtual para o desenvolvemento de competencias

Dende 29 de maio, 2024 - Ata 29 de maio, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño organiza a segunda sesión do obradoiro de NeoSkills para adestrar as competencias brandas a través da realidade virtual

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

Se tes interese en construír novas relacións emprendedoras e autoavaliar competencias como a comunicación, a adaptación, o traballo en equipo ou a planificación funcional, o Polo do Porriño ofrece a oportunidade de enfrontarte de maneira colaborativa a diferentes retos que foron deseñados pedagóxicamente partindo dunha base científica e tendo en conta as condutas asociadas a diversas competencias brandas e roles de equipo.

 

Dous grupos serán seleccionados para poñer as gafas de realidade virtual e participar nun “xogo” no que terán que construír equipo, repartir ferramentas e acadar obxectivos.

 

O programa será o seguinte:   

9:00-9:15 h. Recepción das persoas asistentes e benvida. 

9:15-9:30 h. Presentación dos servizos ofrecidos polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño. 

9:30-11:50 h. 1º Experiencia NeoSkills. 

11:50-12:10 h. Pausa para o café e networking.  

12:10-14:20 h. 2º Experiencia NeoSkills. 

14:20-14:30 h. Peche da xornada.  

  

O obradoiro terá lugar o 29 de maio, en PORREMPREGO, Oficina Municipal de Emprego (Concello do Porriño). Torneiros, Riveira s/n, 36410, O Porriño (Pontevedra). 

 

Cada un de nós somos únicos e temos diferentes motivacións, fortalezas, debilidades e obxectivos, anímate a descubrilos!


Presencial

Voltar