Mulleres en Rede: Espazo de conexión entre emprendedoras

Dende 09 de xullo, 2025 - Ata 09 de xullo, 2025

Este encontro parte da necesidade de crear un espazo de conexión entre mulleres emprendedoras da contorna, que permita compartir experiencias, identificar necesidades comúns e poñer en marcha sinerxías locais.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns 9 de xullo | 10:00 - 12:30 h
📍 Sede do Polo Sarria, Rúa Diego Pazos nº 20, Sarria

 

 

O emprendemento liderado por mulleres gañou terreo, con proxectos locais dinámicos e innovadores en diversos sectores. Porén, estas iniciativas a miúdo comparten retos: falta de redes de apoio, escasa visibilidade, dificultades de conciliación ou acceso limitado a recursos.

 

Este encontro organizado desde o Polo Sarria pretende crear un espazo colaborativo para as mulleres da contorna no que compartir experiencias e traballar xuntas para fortalecer o tecido empresarial feminino. 

 

Mediante unha dinámica participativa, establecerase un diálogo co que conectar coas compañeiras e crear sinerxías locais que se plasmarán nun mapa colaborativo de necesidades, recursos, oportunidades de colaboración e posibles accións compartidas.

 

 

Programa:
10:00 h - Recepción de asistentes
10:10 h - Presentación das participantes e achegas iniciais
10:30 h - Mesa de diálogo: retos e necesidades do emprendemento feminino.
11:00 h - Obradoiro colaborativo: creación do mapa de sinerxías.
12:00 h - Posta en común.
12:10 h - Café Networking.
12:30 h - Peche da actividade.

 


Comparte esta xornada con outras mulleres emprendedoras e crea unha rede de apoio única.


Programa

Presencial

Voltar